Xuntas

Sangre de Muerdago

Compositor: Pablo Ursusson

Quero que veñas comigo a coller unha flor
Que cantes aquelas cancións que o avó che ensinóu
E lembraréi que ó teu carón non teño medo
Que podo perderme nos bosques, na neve e no mar
Fundir o meu corpo co musgo e regatos do val
E así sorrir un pouco máis

Sei que non podo arranxar as estrelas no ceo
Que non é doado co lume falar e xogar
Máis seguiréi, pois no seu lar non teño medo
Xuntas batemos as ás, erguemos o voo
Sinto a túa pel, escoito o teu corazón
E ímolo honrar no meu fogar

©2003- 2024 lyrics.com.br · Aviso Legal · Política de Privacidade · Fale Conosco desenvolvido por Studio Sol Comunicação Digital